PROXECTO TELÉMACO


TELÉMACO

Telémaco é un combo de música electrónica experimental que funde nos seus espectáculos música vangardista coas máis novedosas técnicas de expresión audiovisual.

Constructores de paisaxes sonoras, miran a vida como fusión e confusión ofrecéndonos un mapa sonoro persoal; incorporando melodías nacidas de instrumentos acústicos sobre cómodos colchóns de bases electrónicas.

Instrumentos convencionais e non convencionais, vinilos, circuit bent, moduladores de son ou aparatos antigos, fúndense coa imaxe nun marco audiovisual experimental no que a improvisación e a aleatoria xogan un papel moi importante.

Radicado en Lugo e artellado ao comezo do milenio por Dr.Think (dj) e Mike Rolling (multi-instrumentista), incorporan nas súas produccións a proxección, creación e manipulación de espacios visuais; producidas na actualidade polos barceloneses The RGB Corp.

Tras varias incursións na creación de bandas sonoras: "Paralelo" e "Atma" de G. Maceiras, ou interpretando en directo as cintas de Super8 de Eugenio Granell; despois de publicar os dous primeiros CDmix "Outono - Aire" e "Terra", da colección adicada aos elementos, máis de media ducia de participacións en discos conxuntos e varias edicóns dixitais; no ano 2010 editan en formato CD/DVD "Auga" -terceiro disco desta cuatriloxía- e o seu primeiro EP editado en vinilo e titulado "Despois do silencio".